Oratoria

O poder da palabra:

Saber ler en voz alta, contar un conto, facer unha presentación... son tarefas aparentemente sinxelas, pero que requiren uns coñecementos especiais. Tanto ou máis importante que “o que se comunique” é “como se comunique”. Nós ensinarémosche a empregar a voz, a palabra, as cadencias, etc, para conseguir que a túa comunicación chegue ao receptor. Orientado a profesionais da comunicación, avogados, arquitectos, comerciais... e a todo aquel que necesite falar correctamente en público.